Recordos do tempo da guerra: María de Entrimo

Mostra das peneiras do alumnado nos certames de recolla da tradición oral.

O arquivo do patrimonio-inmaterial galego-portugués está cheo de emocionantes documentos recollidos polo alumnado. Hoxe traémosvos un dos exemplos recollidos por mozas e mozos de 1º de Bacharelato do IES Aquis Querquenis (Bande) hai xa dez anos, ao fío da primeira convocatoria do Certame de Recolla da Tradición Oral – Concurso de Recolha da Tradição Oral, convocado pola Asociación Ponte… nas Ondas!

Nesta ocasión, destacamos para vós a peza que pode verse e escoitarse a partir do minuto 43’25”, onde María González Rodríguez (82 anos, Ferreiros – Entrimo), cóntalle á rapazada as súas vivencias de nena en tempo da guerra.

“(…) eu tiña once anos, e como meu pai estaba en Bos Aires, miña nai tíñanos encerrados na casa, porque non se podía andar polos camiños: viñan soldados, guardias… viñan sen ser gardas nin nada (…) foi cando se soubo que levaran a doce ou catorce persoas do pobo nun camión (…) pensaban que nós non o entendíamos, pero entendíamolo ben, eu era moi nova pero vinlles facer moitas a aqueles veciños…”

Toda a información no arquivo do patrimonio, onde tamén podedes ver a transcrición do testemuño

Deixar un comentario

Por favor, introduza o seu comentario
Por favor, escriba o seu nome aquí